MARÍA REIMÓNDEZ leva dende o ano 1994 traballando no campo da cooperación ao desenvolvemento. Comezou o seu traballo como voluntaria en Karnataka (India) e máis adiante, en 1998 e tras adquirir contactos e experiencia de traballo con organizacións locais, fundou Implicadas no Desenvolvemento. Implicadas no Desenvolvemento é unha organización que entende a pobreza como unha cuestión política na que se vinculan o neocolonialismo, o patriarcado e o capitalismo. María Reimóndez é a súa presidenta e a persoa directamente encargada de colaborar na planificación e seguimento dos proxectos no Sur. Así, ten traballado en Karnataka, Andhra Pradesh e sobre todo en Támil Nadu (India) e tamén en Addis Abeba e na rexión de North Wollo en Etiopía. O seu traballo teórico ao redor dos temas relativos á cooperación está estreitamente vinculado co seu traballo do activismo feminista e poscolonial, algo que a levou a impartir diferentes conferencias en eventos como o Mundos de Mulleres (Madrid 2008) ou na conferencia Transnational Feminisms (Frankfurt 2010), ademais de impartir innumerables cursos e conferencias en Galicia e Támil Nadu.
Click here to go to the Author's page.